Ir o contido principal

ANDREA POUSA en concerto presenta: RESPIRAR

RESPIRAR
Fecha de inicio Data de inicio:
Sábado, 23 de decembro ás 21:00 horas.

O latexo do lirismo galego feito canción capaz de traspasar fronteiras.

Andrea Pousa, é rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, dozura e temperamento. Ten a capacidade de convertir cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora.

É a voz principal de KELTIA O MUSICAL, o musical que transmite a espiritualidade da cultura celta e romana, o seu contacto coa natureza, tradición e a súa esencia.

 

RESPIRAR

‘Respirar’ un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primer álbum en solitario RESPIRAR.

Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que etiquetalas, mesmo verbalizalas.

Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá; lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións  orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.

Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.

O caso é que Andrea é quen de transmitir todo iso sendo ela mesma, con elegancia e frescura, conformando coa súa voz clara e firme.

Un estilo de canción que sitúa os seus propios límites na contorna do Atlántico.

Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, con unha calidade musical e artística moi sofisticada.

 

Venda de localidades:

Anticipada: www.ataquilla.com (en google: ataquilla cangas)

O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo do concerto).

Prezo: 10,00 euros.