Sábado, 17 de outubro ás 21:00 horas
MARCO GONZÁLEZ TANGO ARGENTINO Presenta: “AL SUR DEL SUR”
Autor: Marco GonzálezDirección: Marco GonzálezEscenografía: Marco GonzálezIluminación: Rodríguez GarcíaVestiario: Isabel Daglio, Horindo J. Brindisi
Bailaríns: Marco González, Valeria Gonzalez, Leonardo Mosquera e Carina Lucca.
Al sur del sur é un espectáculo de tango e folclore arxentino onde a música, as letras e o vestiario percorren a xeografía arxentina. Así como o país se divide en diferentes rexións de acordo cos seus máis importantes trazos xeográficos e climáticos, tamén por razóns culturais poden identificarse distintas zonas, cada unha delas con características propias, aínda que talvez non independentes entre si, pois todas elas son permeables ás influencias das rexións veciñas, ou mesmo dos países que a través da súa inmigración puxeron o seu gran de area. Deste xeito constrúese o mapa do folclore arxentino, un mapa cuxas divisións non respectan os límites xeográficos. Parte importante dese folclore ocúpaa o tango, retrato de Bos Aires e da súa xente. O tango é algo máis que unha suave ondulación posta en música, é a danza máis profunda do mundo; seguramente por iso o tango gañou un espazo no exterior. O repertorio percorre diferentes estilos, dando mostra do mellor do folclore arxentino e dunha exquisita selección que vai dende os tangos tradicionais ata os tangos de renome internacional.
Venda de localidades:
Entrada: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€
Despacho de billetes do auditorio, dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.


