Ir o contido principal

ABMIRAM QUARTET presenta: DA CAPO

DA CAPO

Sábado, 5 de novembro  ás 21:00 horas

 

Sinopse:

Da Capo é un espectáculo onde se combinan a música en directo, o teatro e o audivisual. Catro percusionistas atópanse recluídos en contra da súa vontade. Para liberarse terán que facerlle fronte a un descomunal reto: interpretar grandes éxitos da historia da música arredor dunha marimba. Divertido, entretido e para toda a familia, este é un show que non vos deixará indiferentes. Afinen as súas baquetas.

O concerto vai comezar!.

 

 

Elenco:

Álvaro Jurado, André Pérez, Jose Luís Rodríguez, Rubén Comesaña.

 

Actriz audiovisual:

Bea Campos.

 

Dirección e dramaturxia:

Davide González.

 

Arranxos musicais: Saúl Chapela. Asesoramento técnico: Myriam Cortizo. Iluminación, vestiario e utilería: Abmiram Quartet. Realización Audiovisual: Tegüi Sagüillo.

 

 

Venda de Localidades.

 

Anticipada: www.ataquilla.com (ataquillacangas)

O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19 a 21 horas (2 horas antes do comezo do espectáculo).

 

Prezo: 6€.