Ir o contido principal

Saúdo do alcalde

Saúdo do alcalde

Benvida toda a boa xente a esta fiestra virtual de Cangas que, desde aquí, se abre a todo o mundo.

Queremos que coñezades o día a día desta Administración local que pretende estar ao servizo de toda a cidadanía, facervos partícipes da nosa actividade e que coñezades tamén, desde Cangas ou desde fóra, as singularidades deste fermoso municipio situado na punta da Península do Morrazo do que teño a inmensa honra de ser o seu Alcalde.

Cangas encantadora, Cangas acolledora, tanto para quen temos a sorte de vivir aquí todo o ano, como para as persoas que nos visitan asidua ou esporadicamente, e á que agora vos achegades a nós por medio desta páxina.

Agardamos que a ferramenta vos sexa útil para aquilo que procuredes nela. Con ese obxectivo foi creada e para iso se canalizaron todos os esforzos.
 
Unha aperta do Alcalde.
Xosé Manuel Pazos Varela.