O/A Alcalde/sa ostenta a máxima representación do municipio, establece as directrices xerais da acción de goberno e en colaboración coa Xunta de Goberno Local dirixe a política, o goberno e a administración municipal, da que é órgano superior.
Corresponden ao/á Alcalde/sa as competencias que lle asigna a Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, así como as que lle atribúan expresamente as leis ou aquelas que a lexislación do Estado ou da Comunidade Autónoma asignen ao municipio e non se atribúan a outros órganos municipais.