Ir o contido principal

Certame de Cómic

Certame de Cómic

O Certame de Cómic está dirixido a mozos artistas non profesionais de ata 35 anos, nas seguintes categorías:

  • CATEGORÍA A: de 18 a 35 anos
  • CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos
  • VIÑETA XOVE: menores de 14 anos

Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso. Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210 mm x 297 mm). A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.

Deste certame derívase a publicación da revista O TEBEO, na que se publican todos os cómics gañadores dende o 1º ata o 10º certame.