Campaña #pregúntalles
Desde a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismos e Sanidade lanzamos a Campaña #Pregúntalles, dirixida a impulsar condutas que fomenten a solidariedade coa veciñanza que máis nos necesitan: maiores, persoas enfermas ou con discapacidade.
Esta campaña anima a que nos preocupemos polos que viven preto de nós e non teñen apoio familiar próximo nestes momentos de crise sanitaria polo covid-19. Propoñemos pequenos detalles pero imprescindibles para protexernos e protexerlles.
Algo tan sinxelo como preguntarlles se necesitan algo, saber como se atopan e proporcionarlles axuda como levarlles comida ou medicinas.
Sementaremos agarimo e apoio aos máis vulnerables nestes momentos de adversidade e eles sentiranse arroupados.