Ir o contido principal

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS 2022

25N

Dentro do marco das actividades en relación ao 25 de novembro o Concello de Cangas e Consello Municipal de Igualdade van desenvolver as seguintes actividades:


    * Sábado 12 de Novembro

20:00h Teatro: As que limpan de A Panadaría Auditorio . Concellería de Cultura

Creación, texto, dirección e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman

Sinopse: Un cartel pendurado no manubrio da porta. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.


    * Todo o mes de novembro Campaña en redes Relación ConSenso.

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, organizamos unha Campaña contra as violencias sexuais na mocidade “Relacións ConSenso” baseada nas relacións igualitarias. A finalidade da Campaña é concienciar en que só as relacións igualitarias, de respecto e con responsabilidade afectiva están libres de violencias sexuais. Relacións nas que dar e recibir coidados, relacións nas que pedir o que necesitamos e comprender o que necesita a outra persoa. Na que nos responsabilizamos dos nosos actos e do impacto que poden ter . Relacións ConSenso representa ás relacións consentidas, consensuadas e coa capacidade sensitiva non mermada. A guía eixo central da Campaña pretende apostar polas relacións baseadas no bo trato nas que as persoas poden sentirse libres. Así mesmo, da nocións das violencias sexuais e indicacións de como proceder ante as agresións sexuais.

Así mesmo, quedan materiais de Cangas en Negro na Casa da Xuventude de anos anteriores que poden ser recollidos polas persoas interesadas ata esgotar existencias.


    * Venres 25 de Novembro

Ás 10:30h na Praza da Palma (en caso de chuvia no Auditorio Municipal) Contra as violencias, apúntate ao bo trato en colaboración cos Centros Educativos


O alumnado tomará o protagonismo nas rúas con diferentes propostas de acción baixo o lema Contra as violencias, apúntate ao bo trato. Os Centros que participan son Ceip A Rúa, Ceipp Espiñeira, Ceip San Roque, Cpr Eduardo Pondal, Cpr Casa de la Virgen, Cpr Compañía de María, Ies Montecarrasco, Ies María Soliño e Ies Rodeira. Ademais contamos con dúas accións contra as violencias do Proxecto LuzAzul e de Yara Juncal. Esta actividade está cofinanciada con Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género.


“Instalación Zapatos Vermellos” Ceip San Roque
“Escenificación A Xoia Interior” Ceip A Rúa
“Rumba ao bo trato” Ceipp Espiñeira
“Así bailaba” Cpr Casa de la Virgen

“Aire” Proxecto LuzAzul e Ies Montecarrasco
“Guarrilla Girls” Cpr Eduardo Pondal
“Marcha e manifesto” Ies Rodeira
“Iceberg” Yara Juncal, Kevin Juncal e Verónica Aboy
“A Violencias nas nosas rúas” Ies María Soliño
“Un número, moitas vidas cortadas” Cpr Compañía de María


Ás 19:30h Manifestación con saída da Praza do Concello e lectura do Manifesto colectivo Contra as Violencias do Consello Municipal de Igualdade.

   

* Sábado 26 de Novembro

10:30 h Ruta Historia das Mulleres de Cangas. Illa dos ratos (inscrición previa no whatsapp 611080853)
20:00h Teatro: As Alumnas de Culturactiva Auditorio. Concellería de Cultura

Elenco: Anabell Gago e Mónica Camaño
Dirección: Fina Calleja
Géneros: Teatro
Duración: 75 minutos
Público: Adultos
Tipo espectáculo: Adulto
Texto: Paula Carballeira
Vestuario: La Canalla
Escenografía: Carlos Domínguez del Río


Dúas antigas alumnas de María Barbeito que volven atoparse trala morte da mestra, en 1970. Atrás queda a infancia e o mundo que lles abriu esa profesora antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desa correspondencia, o público descubrirá como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía. “As Alumnas é un espectáculo sobre xustiza social, memoria histórica e sobre as mulleres como María Barbeito, que loitaron pola educación e a igualdade en Galicia.