Ir o contido principal

A XUNTA REFORZARÁ O CADRO DE PERSOAL DO ÁMBITO DA SAÚDE MENTAL COA CONTRATACIÓN DE 120 NOVOS PROFESIONAIS

A XUNTA REFORZARÁ O CADRO DE PERSOAL DO ÁMBITO DA SAÚDE MENTAL COA CONTRATACIÓN DE 120 NOVOS PROFESIONAIS.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe, 10 de marzo, na súa comparecencia no Parlamento de Galicia, da contratación, durante o ano 2021, de 120 novos profesionais do ámbito da Saúde mental. Así mesmo, anunciou que nos vindeiros catro anos se levarán a cabo outras 120 contratacións neste ámbito sanitario.

Dun xeito desagregado, Sanidade ampliará en 2021 os seus cadros de persoal coa incorporación de 32 FACULTATIVOS da área de PSIQUIATRÍA, 31 ESPECIALISTAS en PSICOLOXÍA CLÍNICA, 12 TRABALLADORES/AS SOCIAIS, 32 PROFESIONAIS DE ENFERMARÍA en SÁUDE MENTAL, 11 TÉCNICOS/AS en COIDADOS AUXILIARES de ENFERMARÍA e 2 TERAPEUTAS OCUPACIONAIS.