Ir o contido principal

PRÓXIMAS CONVOCATORIAS XUNTA DE GALICIA_ATA 720 PRAZAS POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE

A Xunta proporá aos sindicatos convocar 720 prazas de emprego público polo sistema de oposición libre

As posibilidades de acadar un destes postos dependerán exclusivamente da preparación e do esforzo realizado polos aspirantes no proceso selectivo

Destas prazas, máis de 540 correspondense coas principaies escalas administrativas da Administración galega

A Consellería de Facenda e Administración Pública propón esta medida co obxectivo de ofrecer oportunidades de emprego estable ás persoas xoves e persoas sen experiencia profesional que queiran entrar a traballar na Administración.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021.- A Xunta de Galicia vai  propor aos sindicatos a convocatoria dun total de 720 prazas de emprego público a través do sistema de oposición libre. A Xunta modifica así o sistema de selección que viña empregando nos últimos anos e substitúe o concurso-oposición polo de oposición libre.

O cambio afecta ás propostas de bases de convocatorias de 20 escalas profesionais que a Dirección Xeneral da Función Pública acaba de remitir ás organizacións sindicais para a súa negociación. Estas prazas pertencen ás Ofertas de Emprego Público (OEP) do ano 2019, 2020 e 2021.

A estas oposicións poderá presentarse cualquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas convocatorias, e as súas posibilidades de lograr unha praza dependerán exclusivamente da preparación e do esforzo levado a cabo polos aspirantes no proceso selectivo. Polo tanto, non haberá unha fase de concurso na que se valoren os méritos de experiencia profesional ou formación.

Do total de prazas, máis de 540 serán para o acceso ás principais escalas da Administración Xeneral, entre as que destacan 75 para o Corpo superior A1, 90 prazas para o Corpo de xestión A2, 102 para o Corpo administrativo C1, 120 prazas para o Corpo auxiliar C2, 119 para a Agrupación Profesional (AP) de persoal funcionario, oito para a Escala Técnica de Finanzas A2. Recóllense tamén cinco prazas para o Corpo auxiliar e 28 de Agrupación Profesional reservadas para persoas con discapacidade intelectual.

Estas convocatorias serán complementarias ás dos procesos de estabilización de emprego que se desenvolverán ao amparo de la Lei 20/21 de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público que se publicarán antes de finais de ano. De feito, as bases remitidas aos sindicatos prevén que as probas selectivas poidan celebrarse de xeito simultáneo


A Consellería de Facenda e Administración Pública proporá esta medida co obxectivo de rexuvenecer os planteis da Administración Autonómica e tamén para ofrecer unha oportunidade de emprego estable tanto a aquelas perosas  xoves que remataron os sus estudos recentemente como as persoas sen experiencia profesional na Administración.

 

PROCESO

PLAZAS

 

 

Cuerpo superior de Administración general – Subgrupo A1

75

Cuerpo de gestión de Administración general – Subgrupo A2

90

Cuerpo administrativo de la Administración general – Subgrupo C1

102

Cuerpo auxiliar de Administración general – Subgrupo C2

120

Agrupaciones profesionales - Subalterno

119

Escala Técnica de Finanzas – Subgrupo A2

8

Cuerpo auxiliar de Administración general – Subgrupo C2 (Discapacidad intelectual)

5

Agrupación Profesional - Subalterno (Discapacidad intelectual)

28

Escala de Auxiliar Clínica - Subgrupo C2

54

Escala Auxiliar Cuidador – Subgrupo C2

65

Especialidad Ingeniería de Minas – Subgrupo A1

4

Especialidad Ingeniero Técnico de minas – Subgrupo A2

1

Escala de Arqueólogos – Subgrupo A1

7

Especialidad de Archivos – Subgrupo A1

6

Especialidad de Bibliotecas – Subgrupo A1

5

Especialidad de Museos – Subgrupo A1

3

Escala de Ayudantes de Archivos – Subgrupo A2

1

Escala de Ayudantes de Bibliotecas – Subgrupo A2

6

Escala de Ayudantes de Museos – Subgrupo A2

5

Ingeniería técnica de obras públicas – Subgrupo A2

16

 

720