ORDE do 8 de xullo de 2020 pola que convoca o proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso .
O obxecto do proceso selectivo é cubrir 73 prazas dos corpos de Policía Local, categoría de policía, quenda de oposición libre, e 18 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1.
Os códigos do procedemento regulados nesta orde son PR461B (oposición libre) e PR461D (concurso)
Forma e prazo de presentación no procedemento de oposición libre (PR461B). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta. gal e que é o anexo I desta orde. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Para máis información, preme no enlace.


