DOG Nº 72_CONCELLO DE XOVE, publica:
ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL (AEDL)
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 74, do 3 de abril de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), persoal laboral fixo, grupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición (procedemento extraordinario de consolidación do emprego temporal ao abeiro da disposición transitoria cuarta do Estatuto básico do empregado público).
O prazo de presentación de solicitudes será de VINTE (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Xove e no portal de transparencia da súa páxina web.


