Ir o contido principal

DOG Nº 96_CONCELLO DE A CORUÑA - CONVOCATORIA DAS BASES DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS

ANUNCIO da convocatoria das bases de varios procesos selectivos.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña nº 249, do 31.12.2021; nº 29, do 11.2.2022 e nº 51, do 16.3.2022, publicáronse as bases aprobadas mediante resolución da Concellaría Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28.12.2021, e as súas respectivas correccións, relativas ás seguintes convocatorias:

22 prazas de auxiliar administrativo/a (subgrupo C2), CE 5/20.

8 prazas de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A1), promoción interna, CE 6/21.

– 6 prazas de técnico/a medio/a de xestión (subgrupo A2), promoción interna, CE 7/21.

– 2 prazas de técnico/a auxiliar de bibliotecas (subgrupo C1), promoción interna, CE 8/17.

12 prazas de traballador/a social (subgrupo A2), CE 4/21.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.