Ir o contido principal

DOG Nº 92_FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICA - CONVOCA UNHA PRAZA DE PERSOAL TÉCNICA/O SUPERIOR DE PROXECTO (EGI ADVANCED COMPUTING FOR EOSC <EGI ACE>)

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal. Praza: un (1) posto de técnico/a superior de proxecto (referencia EGI-ACE-21-TSP1). Proxecto que se vai desenvolver: EGI Advanced Computing for EOSC (EGI ACE).

Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, vinculado a programas financiados con fondos europeos, para a realización do proxecto EGI Advanced Computing for EOSC (EGI-ACE) financiado pola Comisión Europea, dentro do Programa europeo Horizon 2020, e regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/ transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.