Ir o contido principal

DOG Nº 90_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE_OFICIALA/OFICIAL SANITARIA/O

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza vacante no cadro de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público do ano 2019 (CE2019S) e vinculada ao Plan de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia nº 83, do 2 de maio de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas do proceso selectivo convocado para cubrir a seguinte praza vacante no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra:

Unha praza de oficial/a sanitario/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, incluída na oferta de emprego público do ano 2018 e vinculada ao Plan de estabilización de emprego temporal da Deputación Provincial de Pontevedra,

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia