Ir o contido principal

DOG Nº 8_SERVIZO GALEGO DE SAÚDE - CONVOCATORIA 39 PRAZAS PINCHE DE COCIÑA_DISCAPACIDADE INTELECTUAL

🚨Servizo Galego de Saúde publica no DOG Nº 8:

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

1.1.2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é de trinta e nove (39). Todas as prazas convocadas resérvanse para a súa cobertura por persoas que acrediten discapacidade intelectual nos termos que se indican nas bases desta convocatoria.

O prazo para presentar as solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.