Ir o contido principal

DOG Nº 86_CONCELLO DE CULLEREDO - PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICA/O DE URBANISMO (OPOSICIÓN)

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de técnico/a de urbanismo de Administración especial, subescala técnica, funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.