Ir o contido principal

DOG Nº 84_CONCELLO DE ARTEIXO - CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DE DÚAS PRAZAS DE PERSOAL LABORAL DE ALFABETIZADORAS/ES DE ADULTOS.

DOG Nº 84_CONCELLO DE ARTEIXO, publica:

⭐RESOLUCIÓN 685/2021, do 17 de marzo, referente á convocatoria e ás bases específicas para a cobertura en propiedade de DÚAS PRAZAS DE PERSOAL LABORAL DE ALFABETIZADORAS/ES DE ADULTOS.

📋No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 36, do 24 de febreiro de 2021, publicáronse integramente as bases xerais de convocatoria pola cobertura en propiedade de diversas prazas vacantes de persoal laboral e persoal funcionario do Concello de Arteixo, correspondentes á execución da OEP 2017 pendente, OEP 2019 e OEP 2020.

📋📜No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 56, do 25 de marzo de 2021, publicáronse integramente as bases específicas que deberán rexer a convocatoria, para a cobertura en propiedade, de dúas prazas de persoal laboral de alfabetizadoras/es de adultos.

✍As instancias en que se solicita tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases específicas, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).