Ir o contido principal

DOG Nº 81_CONCELLO DE XOVE - CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE DÚAS PRAZAS DE COIDADORA OU COIDADOR DA ESCOLA INFANTIL COMO PERSOAL LABORAL FIXO MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN

DOG Nº 81_CONCELLO DE XOVE, publica:

⭐ANUNCIO de convocatoria para a provisión de dúas prazas de COIDADORA OU COIDADOR DA ESCOLA INFANTIL.

📋No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 91, do 23 de abril de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover DÚAS (2) PRAZAS DE COIDADORA OU COIDADOR DA ESCOLA INFANTIL, persoal laboral fixo, grupo AP, mediante o sistema de concurso-oposición (procedemento extraordinario de consolidación do emprego temporal ao abeiro da disposición transitoria cuarta do Estatuto básico do empregado público).

✍O prazo de presentación de solicitudes será de VINTE (20) días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello de Xove e no portal de transparencia da súa páxina web.