Ir o contido principal

DOG Nº 81_AXENCIA TURISMO GALICIA - CONVOCATORIA BOLSA DE FORMACIÓN ESPECIALIZADA NA OFICINA ESPAÑOLA DE TURISMO EN ROMA PARA OS ANOS 2021 E 2022.

DOG Nº 81_AXENCIA TURISMO GALICIA, publica:

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

📜 TITULACIÓN: estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do título. O título achegado, non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2015. Tamén serán admitidos/as aqueles/as candidatos/as cuxa titulación fose obtida nunha data anterior e estean en posesión dun mestrado universitario relacionado directamente co turismo expedido a partir do 1 de xaneiro de 2015.

LINGUAS:

a) Galego: os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

b) Outras linguas:

O coñecemento da lingua acreditarase mediante certificación dunha institución académica oficial. O nivel mínimo será o seguinte:

– Nivel B1 en italiano.

✍ As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O PRAZO de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se estás interesada ou interesado en participar, PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN e obterás acceso á resolución completa👇👉