DOG Nº 80_AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA E A SÚA RÍA, publica:
RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2021 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir prazas de persoal laboral fixo.
Prazas:
1 (UNHA/UN) ASISTENTE DE DIRECCIÓN.
3 (TRES) POLICÍAS PORTUARIOS.
1 (UNHA/UN) OFICIAL DE OBRAS E MANTEMENTO
Tipo de contrato: FIXO.
Proceso selectivo: CONCURSO-OPOSICIÓN
As bases destas convocatorias e os impresos de solicitude estarán á disposición das e dos interesad@s na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1,
e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es
As solicitudes deberán presentarse no prazo de QUINCE (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.
Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es


