Ir o contido principal

DOG Nº 74_CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRIGUEZ - ANUNCIO CONVOCATORIA PROVISIÓN SISTEMA DE OPOSICIÓN QUENDA LIBRE, DUNHA PRAZA DE PERSOAL FUNCIONARIO/A DE CARREIRA, CATEGORÍA DE ARQUITECTO/A

DOG Nº 74_CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, publica:

⭐ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante o sistema de oposición, quenda libre, dunha PRAZA DE PERSOAL FUNCIONARIO/A DE CARREIRA, categoría ARQUITECTO/A.

Mediante o Decreto 625/2021, do 31 de marzo, da concelleira delegada de Recursos Humanos, Industria e Emprego do Concello das Pontes de García Rodríguez, convocouse o proceso selectivo para a cobertura dunha praza de persoal funcionario/a de carreira,

arquitecto/a, vacante no cadro de persoal do concello. A través do citado decreto tamén se aprobaron as bases da convocatoria.

?As bases da convocatoria publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 65, do 9.4.2021.

✍O prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse de acordo co previsto nas bases da convocatoria.