Ir o contido principal

DOG Nº 67_FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA - CONVOCATORIA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA TITULADO/A SUPERIOR UNIVERISTARIO/A CON GRAO OU EQUIVALENTE EN CIENCIAS OU CIENCIAS DA SAÚDE

DOG Nº 67_FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA, publica:

⭐ANUNCIO do 17 de marzo de 2021 de convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, con carácter de interinidade, dun/dunha titulado/a superior universitario/a con grao ou equivalente en CIENCIAS OU CIENCIAS DA SAÚDE.

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha titulado/a superior universitario, grao ou equivalente en Ciencias ou Ciencias da Saúde, baixo a modalidade contractual de interinidade para un posto de bioinformático/a na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

O contrato regularase polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, particularmente, polo Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (BOE do 24 de outubro), e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro (BOE do 8 de xaneiro).

✍O prazo de presentación de solicitudes é de DEZ (10) días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

📋As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na web do Servizo Galego de Saúde na sección de Recursos Humanos/outros procesos selectivos http://www.sergas.es/.../FP-Galega-de-Medicina-Xen%C3%B3mica e no taboleiro de anuncios da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.