Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
ANUNCIO polo que se fai pública a modificación das bases específicas para a selección de catro (4) prazas de persoal.
As novas bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/ gl/transparencia-2/emprego/).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.


