DOG Nº 66_CONSORCIO PROVINCIAL DE LUGO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO, publica:
ANUNCIO de convocatoria de prazas.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 55, do 9 de marzo de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
• Unha praza de coordinador/a de parques, persoal laboral, grupo II, mediante o sistema de concurso oposición.
• Dúas prazas de administrativo, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de VINTE (20)días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na web e no taboleiro de anuncios do Consorcio.


