Ir o contido principal

DOG Nº 66_AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO - CONVOCATORIA PRAZA PERSOAL LABORAL FIXO

PUBLICA: 

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público 2020/21.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 936/2020, do 27 de outubro, polo que se aproba a oferta de emprego público para 2020, realiza convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de técnico/a de sistemas GII BII N2.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do O. P. Puertos del Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) para presentar as solicitudes.