DOG Nº 65_VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO, publica:
ORDE do 29 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A).
O obxecto desta convocatoria e a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 104 postos de auxiliares de policía local dos concellos que a continuación se enumeran e a creación da listaxe de colaboración para a súa contratación:
#CANGAS 4 postos
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar a súa homologación.