DOG Nº 60_CONCELLO DE TEO, publica:
ANUNCIO polo que se aproban as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de AUXILIAR DE XARDINARÍA mediante o sistema de concurso-oposición.
A Resolución da Alcaldía nº 147/2021, de 11 de febreiro de 2021, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinaría, mediante o sistema de concurso-oposición.
A Resolución da Alcaldía nº 184/2021, do 18 de febreiro de 2021, aprobou unha corrección de erros das ditas bases.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no portal de transparencia deste concello.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 36, do 24 de febreiro de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo (www.teo.gal).


