Ir o contido principal

DOG Nº 60_CENTRO TECNOLÓXICO DEL MAR - FUNDACIÓN CETMAR - CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS DE VARIAS PRAZAS DE PERSOAL

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de varias prazas de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal dun técnico superior para o proxecto Silencios e de 1 titulado/a superior e 1 técnico/a ciclo formativo superior para o proxecto Pescando 4.0.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/).

A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.