Ir o contido principal

DOG Nº 56_FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACAIÓN DE GALICIA - PROCESO SELECTIVO CATRO PRAZAS TÉCNICAS/OS SUPERIORES DE PROXECTO

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para catro prazas de persoal. Prazas: catro (4) técnicos/as superiores de proxecto (referencias: TEC-CUAN-22-TSP1; TEC-CUAN-22-TSP2; TEC-CUAN-22-TSP3; TEC-CUAN-22-TSP4).

Proxecto que se vai desenvolver: despregamento dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información que permita impulsar a I+D+i en Galicia. Modalidade contractual: contrato de duración determinada, a xornada completa, asociado á execución do proxecto financiado pola Unión Europea no marco do Eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/ transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.