Ir o contido principal

DOG Nº 53_VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO - BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO UNITARIO (CONTRATO LABORAL TEMPORAL) DE POSTOS DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL (4 CANGAS + 6 MOAÑA)

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo ORDE do 14 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que é o anexo I desta orde.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

SE ESTÁS INTERESADA OU INTERESADO EN FORMAR PARTE DESTE PROCESO SELECTIVO, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.