DOG Nº 51_O CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS, publica:
ANUNCIO de proceso selectivo de TRES AXENTES DA POLICÍA LOCAL.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 57, do 11 de marzo de 2021, publicouse a segunda convocatoria do proceso para seleccionar tres axentes de Policía local, como funcionarios por QUENDA LIBRE, e as bases que rexerán no proceso foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 242, do 22 de outubro de 2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.


