Ir o contido principal

DOG Nº 49_AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA E A SÚA RÍA - CONVOCATORIA DUNHA PRAZA PERSOAL LABORAL: RESPONSABLE DE RECURSOS HUMANOS

DOG Nº 49_AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA E A SÚA RÍA, publica:

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2021 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir UNHA praza de PERSOAL LABORAL.

Prazas: 1 (unha) responsable de RECURSOS HUMANOS.

Tipo de contrato: remuda, indefinido, tempo completo.

Proceso selectivo: CONCURSO-OPOSICIÓN.

?As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría, rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1,

e tamén dispoñibles na páxina web www.portovilagarcia.es.

✍As solicitudes deberán presentarse no prazo de DEZ (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría e páxina web www.portovilagarcia.es.