DOG Nº 40_CONCELLO DE PONTEVEDRA, publica:
ANUNCIO da convocatoria para prover prazas de administrativo/a e auxiliar incluídas na ampliación da oferta de emprego público de 2020.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 34, do venres 19 de febreiro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a prazas vacantes de administrativo/a e auxiliar no Concello de Pontevedra incluídas na ampliación da oferta de emprego público (OEP) do ano 2020.
– Grupo C, subgrupo C1, clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 3. Denominación: administrativo/a. Resérvase unha (1) praza para persoas con discapacidade xeral. O sistema de selección será o de oposición libre.
– Grupo C, subgrupo C2, clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 3. Denominación: auxiliar. Resérvase unha (1) praza para persoas con discapacidade xeral e unha (1) praza para persoas con discapacidade intelectual. O sistema de selección será o de oposición libre.
![]()
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.


