Ir o contido principal

DOG Nº 39_CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - PROCEDEMENTO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES LISTAS CONTRATACIÓN XUNTA

🚨🚨Todas as persoas que estades pendentes de inscripción nas listas de contratación da Xunta, infórmase que:

DOG Nº 39 a CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, publica,

⭐ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522T).

👉Persoas solicitantes

Poderán presentar solicitude todas aquelas persoas que queiran formar parte das listas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a cobertura temporal de postos reservados a persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, e que consideren que cumpren os requisitos establecidos no artigo 8 do Decreto 37/2006 para poder inscribirse nas listas.

👉Requisitos

1. Serán requisitos indispensables para poder inscribirse nas listas posuír a titulación ou formación académica exixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade e os demais requisitos legalmente exixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas na data de presentación da solicitude de inclusión na lista pola persoa interesada en formar parte dela.

✍Forma e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

⏳2. O prazo de presentación de solicitudes, no caso de listas elaboradas que se encontren en xestión, esténdese desde o día 1 de marzo ata o 30 de abril de cada ano, e estas elabóranse no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro.