NO DOG Nº 37 A FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA, publica:
ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal técnico (referencia EGI-ACE-21-TSP1).
Praza: un/unha (1) técnico/a superior de proxecto (referencia EGI-ACE-21-TSP1).
Proxecto que se vai desenvolver: «EGI Advanced Computing for EOSC – EGI-ACE».
Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, para a realización de proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto
lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.


