Ir o contido principal

DOG Nº 33_FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA - CONVOCA PROCESO DE SELECCIÓN TÉCNICO/A DE PROXECTO

📌NO DOG Nº 33 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA, publica

✅ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal (referencia SCHOOLS21C-21-TP1).

⭐Praza: un/unha (1) técnico/a de proxecto (referencia: SCHOOLS21C-21-TP1).

Proxecto que se vai desenvolver: Schools for 21st century.

Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, para a realización dun proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

📋As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (edificio Cesga, avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

✍O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web da Fundación Cesga.