Convócase o proceso de formación de bolsas de traballo para desempeñar interinamente os postos de persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa,de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial nos órganos da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A).
Bolsas de traballo e de reserva
1. Formarase unha bolsa de traballo e unha bolsa de reserva de ámbito provincial para cada un dos corpos de persoal funcionario indicados no artigo primeiro desta resolución, cuxos integrantes estarán distribuídos, se for o caso, de conformidade coas zonas de preferencia sinaladas na correspondente solicitude, as cales figuran na disposición adicional segunda da Orde do 4 de outubro de 2018. Cada bolsa estará integrada polas persoas seleccionadas, ordenadas nunha listaxe en función da puntuación que obtivesen na valoración dos méritos.
2. Só se poderá estar incluído nunha bolsa provincial de traballo ou de reserva e nunha zona de preferencia.
3. O número de integrantes das bolsas de traballo e de reserva será o seguinte:
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Corpo Traballo Reserva Total Traballo Reserva Total Traballo Reserva Total Traballo ReservaTotal
Xestión 60 40 100 19 12 31 16 11 27 49 33 82
Tramitación 114 76 190 28 19 47 29 19 48 90 60 150
Auxilio 92 61 153 21 14 35 19 13 32 72 48 12
PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA


