Ir o contido principal

DOG Nº 260_CONCELLO CARBALLO - PROCESO SELECTIVO ARQUITECTO/A TÉCNICO/A ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A

Concello de Carballo publica o

ANUNCIO de proceso selectivo para cubrir unha praza de arquitecto/a técnico/a enxeñeiro/a técnico/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 202, do 26 de novembro de 2020, publícanse as bases que regulan a convocatoria para cubrir a praza de funcionario/a do Concello de Carballo que a seguir se indica: Unha praza de arquitecto/a técnico/a-enxeñeiro/a técnico/a pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, incluída na oferta de emprego público do Concello de Carballo para 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases da convocatoria.