Ir o contido principal

DOG Nº 256_SERGAS - MODIFICACIÓN RESOLUCIÓN 13 DE DECEMBRO 2019_CONVOCATORIA CONCURSO OPOSICIÓN DIFERENTES CATEGORÍAS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional (de trescentas cinco (305) prazas das categorías de persoal sanitario de formación profesional.)

O Decreto 220/2020, do 3 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2020 (DOG núm. 254, do 18 de decembro, corrección de erros no DOG núm. 255, do 21 de decembro) autoriza a convocatoria de dez (10) novas prazas da categoría de técnico/a en farmacia.

Reabrir o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes de participación neste proceso na categoría de técnico/a en farmacia. As persoas aspirantes da categoría de técnico/a en farmacia que tiveran presentado a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 27 de decembro de 2019 e o 31 de xaneiro de 2020 non terán que presentar nova instancia de participación nin achegar ningunha documentación

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓ, SEGUE A LIGAZÓN QUE SE XUNTA