Ir o contido principal

DOG Nº 250_CONCELLO CASTRELO DO VAL - CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO_QUENDA LIBRE

Concello de CASTRELO DO VAL fai público o

ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de auxiliar administrativo (OEP 2020), por quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 264, do 17 de novembro de 2020, publicáronse as bases para a cobertura por quenda libre e por persoal funcionario de carreira dunha vacante de auxiliar administrativo (OEP 2020).

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 10 de novembro de 2020, convocouse proceso selectivo para a cobertura por quenda libre da praza vacante da OEP de 2020 que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar.

Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar administrativo.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceden de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.