Ir o contido principal

DOG Nº 249_SEAGA - BASES ESPECÍFICAS PARA SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL PERTENCENTE A DIVERSAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS

🚨🚨EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS S.A. (SEAGA), publica

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e bases específicas II para a selección de persoal temporal en diversas categorías profesionais.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas II para a selección de persoal temporal en diversas categorías profesionais da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no Polígono Industrial do Tambre, vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).