Ir o contido principal

DOG Nº 247_CONCELLO DE VALDOVIÑO - PROCESO SELECTIVO UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A

O concello de VALDOVIÑO publica:

ANUNCIO do proceso selectivo dunha praza de ARQUITECTO/A.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 205, do 1 de decembro de 2020, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar un arquitecto como funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio da listaxe provisional de admitidos e excluídos e a listaxe definitiva publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.