Ir o contido principal

DOG Nº 247_CONCELLO DE BOIRO - CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE ARQUITECTA/O

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de arquitecto.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 221, do 19 de novembro de 2021, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre correspondente á oferta de emprego público do Concello de Boiro do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.