Ir o contido principal

DOG Nº 244_CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - CONVOCA VARIOS PROCESOS SELECTIVOS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática. . O obxecto do proceso selectivo será cubrir nove (9) prazas do proceso de estabilización, do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2020, á que se acumulan as provenientes de oferta de 2018

 

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021 pola que se convoca proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática. . O obxecto do proceso selectivo será cubrir dezasete (17) prazas, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática

Para ambas convocatorias: O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).