Ir o contido principal

DOG Nº 243_CONCELLO DE VIGO - PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES DIFERENTES PROCESOS SELECTIVOS

O CONCELLO DE VIGO no DOG Nº 243 publica:

📌ANUNCIO do inicio do prazo de presentación de solicitudes para os procesos selectivos da oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 17 de novembro de 2020 publicáronse as bases específicas das prazas de ⭐enxeñeiro/a de camiños, canles e portos

⭐enxeñeiro/a industrial, enxeñeiro/a técnico/a industrial

⭐técnico/a de administración xeral, incluídas nesta segunda fase da convocatoria.

As bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público correspondente aos anos 2017, 2018 e 2019 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 7 de xullo de 2020.

✍O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e laboral pola quenda libre e anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia, para persoal laboral pola quenda de promoción interna.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org