Ir o contido principal

DOG Nº 241_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - CONVOCATORIA PROCESOS SELECTIVOS_OPE 2018 (CL2020J)

📌Deputación Provincial de Pontevedra no DOG Nº 241 publica o ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario incluídas na oferta de emprego do ano 2018 (CL2020J).

⭐️– Unha praza de técnica/o de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre. Reservada para persoas con discapacidade.

⭐️– Dúas prazas de traballador/a social, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integradas no grupo A2, polo sistema de oposición libre.

✍️O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

✅Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.