Ir o contido principal

DOG Nº 241_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PERSOAL LABORAL FIXO (CE2020J)

📌Deputación Provincial de Pontevedra no DOG Nº 241 publica o ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo (CE2020J).

⭐️– Dúas prazas de técnica/o de xestión documental, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.

⭐️– Unha praza de técnica/o auxiliar en educación diúrna, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso- oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade.

⭐️– Unha praza de delineante, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición libre.

⭐️– Unha praza de oficial/a carpinteiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.

⭐️– Tres prazas de oficial/a condutor/a maquinista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

⭐️– Unha praza de oficial/a agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

⭐️– Unha praza de oficial/a agrícola gandeiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

⭐️– Unha praza de oficial/a de servizos xerais e subalternos, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

⭐️– Unha praza de operaria/o, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso-oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade.

⭐️– Unha praza de operaria/o especialista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso-oposición libre.

⭐️– Un posto de traballo de axudanta/e de arquivo documental, clasificado no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición.

⭐️– Un posto de traballo de oficial/a de maquinaria, clasificado no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición.

✍️O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.