RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal por persoal funcionario interino dun posto reservado á escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
Ao estar vacante no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo un posto reservado á escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, solicitouse a cobertura do posto polo procedemento establecido no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, á Dirección Xeral da Función Pública, órgano competente para a selección e o nomeamento de persoal funcionario interino, que non puido seleccionar o persoal adecuado por non existir na lista da correspondente especialidade aspirantes que reunisen os requisitos establecidos. Polo anterior, e debido á urxente e inaprazable necesidade de cubrir o posto, ao tratarse dun servizo público de carácter esencial, a mesma dirección xeral autorizou excepcionalmente a Consellería do Mar para iniciar un procedemento similar ao establecido no artigo 7.5.b.2 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, para a cobertura do posto, e emitiu informe favorable sobre as súas bases, aprobadas por esta consellería.
RESOLVO: Anunciar a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal por persoal funcionario interino dun (1) posto reservado á escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo.
As bases e condicións constan na páxina web da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal
Para participaren nesta convocatoria as persoas interesadas utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe nas bases da convocatoria.
Ligazóns


