Ir o contido principal

DOG Nº 241_CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - CONVOCA VARIOS PROCESOS SELECTIVOS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes e enxeñaría industrial; escala de ciencias, especialidade de química, e escala de arquitectos.

 

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

 

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidades de enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría técnica forestal e enxeñaría técnica industrial, e escala de arquitectos técnicos.

 

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.